07/03/2011

Lidia pecha o nacional coas galegas en semifinais

Lidia pecha o nacional coas galegas en semifinais

A xogadora do Burela FSF Pescados Rubén Lidia despediuse do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-23 (Estepona, 2-6 marzo) co combinado galego nas semifinais, despois dun brillante labor. Os penaltis impediron que o cadro de María Bardanca dese o salto á gran final ante Madrid, campioa do encontro.


As galegas conseguiron acceder ás semifinais, como primeiras do Grupo A, despois de vencer a Castela-A Mancha (2-11) e Andalucía (1-3) e empatar con Cataluña (3-3). No entanto, as madrileñas e a lotería dos penaltis frearon a súa evolución, tras a igualada de 1-1 no tempo regulamentario.


Un contundente 8-3 inclinou a cita final a favor de Madrid fronte a Aragón.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.