19/03/2011

O Burela FSF supera o envite das lesións con empate en Gironella (2-2)

O Burela FSF supera o envite das lesións con empate en Gironella (2-2)


O Burela FSF Pescados Rubén puido superar o envite das lesións, coa ausencia de Lara e con Ro e Dolo tocadas, arrincando o empate en Gironella (2-2). O conxunto laranxa sacou forzas lonxe da casa para conseguir un punto, e xa son 39, que o manteñen ás portas do podio de Honra.


A escuadra de Pardeiro decidiuse a tomar as rendas do xogo fronte a un rival que parecía que só quería xogar ao contragolpe. E a táctica saíulles ben ás catalás; o Gironella adiantouse nunha acción individual de Marga (minuto 6) ao rescatar un erro nos pases das mariñás. A reacción das laranxas obtivo os seus froitos cunha xogada de estratexia que finalizou Lucía (minuto 11). A vantaxe para as de Javier Pardeiro, catro minutos despois, chegou de novo a balón parado, cun córner de Claudia, que introduciu a catalá Claudia Pons en propia porta.
As mariñás fallaron varias ocasións e o Gironella soubo aproveitalo para igualar o electrónico, nun contragolpe case chegando ao descanso (minuto 19).


O segundo período equilibrou a contenda, con chegadas polos dous lados, pero sen acerto. Faltando pouco máis de tres minutos para o final, Pardeiro optou polo xogo con porteira-xogadora, Dolo, pero ou Burela FSF non puido mover o marcador.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.