21/03/2011

O Panificadora endósalle 5-1 ao Carballiño e ve a luz da permanencia

O Panificadora endósalle 5-1 ao Carballiño e ve a luz da permanencia

Despois do minuto de silencio pola vítimas do Xapón, o Panificadora e O Carballiño iniciaron un encontro no que as dúas escuadras se xogaban moito e co que as ribadenses (5-1) se afastan ata seis puntos do seu rival máis directo e da zona de descenso.


Nin as locais nin as visitantes querían perder os tres puntos, pero foron as ribadenses as que máis arriscaron por achegarse á portería contraria. Así, no minuto 9, Nuria conseguiu o 1-0 nun tiro axustado ao pau desde 12 metros. Tres minutos máis tarde, foi a excelente Vanessa quen subiu o empate, para decepción das locais, ao facerse cun balón nunha mala entrega dunha local. O 2-1 materializouno Arancha, no 15, ao rematar no segundo pau e un bo pase de Nuria logo dunha xogada persoal.


Tras o descanso, Marta deu tranquilidade ás locais poñendo o 3-1 no luminoso (minuto 31). Este gol minguou as ilusións das carballiñesas vendo como se lles escapaban as poucas opcións de loitar pola permanencia e facilitou ás ribadenses o control do partido, dominio que deu os seus froitos no minuto 36 por mediación de Sofía e de novo Nuria, no 39, rubricou o 5-1 definitivo.


O Panificadora desprazarase a Ames na próxima xornada para enfrontarse ao FC Meigas, coas esperanzas de retornar cun resultado positivo ante outro dos equipos da zona baixa da táboa.


Provincial feminina. O Xoula-Ribadeo FS tamén deu un paso de xigante para achegarse ao terceiro posto, ao vencer por 0-2 ao Relúa FSF de Xermade. O equipo mariñán ten pendentes tres partidos aprazados no seu día, co FSF A Pastoriza en Ribadeo e ante o Concello de Friol e Donapel Monterroso como visitante.


Provincial masculina. O Ribadeo FS conseguiu unha importante vitoria (3-4) na súa visita a Becerreá, quinto clasificado, e aproxímase aos postos de ascenso. Na próxima xornada recibirá o Taboada nun encontro que, teoricamente, non deberá ser complicado para os locais.


Ficha técnica


Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Carla, Eva, Marta (1), María e Fátima, cinco inicial; tamén xogaron Nuria (2), Arancha (1), Toñi e Sofía (1).


O Carballiño FS: Chus, Vanessa (1), Noelia, Jeannette e Paula, cinco inicial; tamén xogaron Sonia, Nerea Nogueira, Nerea Carballeda, Vanesa Méndez e Soraya.


Árbitros: José García Vila e Antón Menéndez Nistal. Mostraron cartón amarelo a María, do Panificadora.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.