24/03/2011

O CEIP Fondo Nois coñece o fútbol sala laranxa

O CEIP Fondo Nois coñece o fútbol sala laranxa

O CEIP focego Fondo Nois tivo a oportunidade de coñecer hoxe de primeira man o fútbol sala de elite coa presenza dalgúns representantes laranxas. O alumnado de entre primeiro e sexto de Primaria compartiu sesións prácticas con Alfonso Mera, director da EDM EON Burela FS; Iván Cao, adestrador do conxunto xuvenil; e Marcelo Santoro, preparador de gardametas; ademais de Jozi, Lola e Ro, do Burela FSF Pescados Rubén, e Edu, Clebinho e Manuel, do Burela FS.


Esta é a quinta visita da entidade laranxa aos centros de ensino mariñáns dende mediados de febreiro, cando o club comezou a xira de “Coñece o meu Club”, xunto aos CEIP Cervo, Número 1 de Foz, Vista Alegre de Burela e Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo.  A actividade intégrase no programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte, destinada á promoción da práctica deportiva entre os escolares e a facilitar o coñecemento dos recursos dispoñibles no contorno.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.