28/03/2011

A Mariña 2-5 Selección do Xapón

A Mariña 2-5 Selección do Xapón

Xogadores do Burela FS, Superti A Pontenova e Concello de Trabada FS defenderon onte a camisola da Mariña, baixo as ordes de Suso Rey, nun amigable ante a Selección do Xapón no que o xogo rápido acabou beneficiando os nipóns (2-5).

Vista Alegre acolleu un encontro moi intenso dende o asubío inicial. Como consecuencia dese alto ritmo axiña sumaron as cinco faltas ambos os dous equipos. A vantaxe mariñá, acadada polo laranxa Manu de dobre penalti (minuto 16), fíxoa desaparecer o xogador do Gestesa Guadalajara Shota, tamén a balón parado (minuto 18).

Tras o descanso, a selección do español Miguel Rodrigo tomou distancias, en dúas xogadas consecutivas (minuto 24), de roubo e contraataque, nas zapatillas de Kitahara e Henmi Rafael. No minuto 32, Manu volveu meter no partido os mariñáns co 2-3, ao superar o meta xaponés tras un roubo na área visitante; no entanto, o combinado nipón ampliou a vantaxe un minuto máis tarde, de Kogure. O 2-5 definitivo subiu ao electrónico a falta de seis minutos. A Mariña aínda tivo boas ocasións, que non puido finalizar.

A bomboneira gardou un minuto de silencio en solidariedade cos damnificados polo terremoto e a crise nuclear que sacode o país nipón dende o 11 de marzo. O presidente do CD Burela FS, José Ramón González Casas, obsequiou a selección do Xapón cunha placa conmemorativa do evento.

 

Ficha técnica

A Mariña: Brais, Purao, Ique, Manu e Christian, no cinco inicial; tamén xogaron Juanma, Bruno de Nois, André, Borjita, Víctor Cachón, Turero, Paleta, Edu e David.

Selección do Xapón: Fujiwara, Komiyama, Kamisawa, Shota e Kensuke, no cinco inicial; tamén xogaron Yoshida, Kitahara, Watanabe, Matsumiya, Kogure, Nibuya, Fukinbara, Henmi Rafael, Minamoto, Harada e Takita

Goles: 1-0, minuto 16, Manu (dp); 1-1, minuto 18, Shota (dp); 1-2, minuto 24, Kitahara; 1-3, minuto 24, Henmi Rafael; 2-3, minuto 32, Manu; 2-4, minuto 33, Kogure; 2-5, minuto 34, Minamoto

Tarxetas amarelas: Kensuke e Shota polo Xapón

Incidencias: Partido amigable coa presenza duns 650 espectadores/as

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.