06/04/2011

A LNFS pon en marcha un certame de relatos curtos con motivo do Día do Libro

A LNFS pon en marcha un certame de relatos curtos con motivo do Día do Libro

A Liga Nacional de Fútbol sala organizou a primeira edición do Certame de Relatos sobre Fútbol Sala, baixo o título “Le, escribe... ¡Adestra a túa mente!”. Trátase dunha iniciativa que se enmarca na celebración do Día do Libro, que terá lugar o próximo 23 de abril, e que pretende fomentar a lectura entre os amantes deste deporte.


As obras, no estilo que prefira o autor -relato, conto, poesía, etc.-, deben versar sobre calquera tema relacionado co fútbol sala (experiencias persoais, inicios na práctica deste deporte, a experiencia de coñecer un dos seus ídolos, razón pola que lle gusta este deporte…), cunha extensión máxima de dous folios (corpo de texto a tamaño 12).


Os interesados deben remitir os seus relatos ao correo electrónico concursos@lnfs.es. O prazo para enviar as obras expira o 23 de abril. Todos os relatos serán publicados na páxina web da LNFS, www.lnfs.es.


O primeiro premio consiste na asistencia á final de Liga nun das dúas fins de semana en que se disputará a serie decisiva, incluíndo o aloxamento na cidade de que se trate e as entradas para os dous encontros. O segundo será un lote de libros da Editorial SM e un Balón Oficial da LNFS, Penalti Max 1000; e o terceiro, un lote de libros da Editorial SM.


 


[+ inf. en LNFS]

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.