06/04/2011

O CD Burela FS, centro de formación para dous estudantes do IES Monte Castelo

O CD Burela FS, centro de formación para dous estudantes do IES Monte Castelo

Dende o pasado 28 de marzo, o CD Burela FS conta con dúas persoas máis na súa engrenaxe interna, os estudantes do IES Monte Castelo José Manuel Fraga e Lidia Mesías, que poñerán en práctica as capacidades do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas no club laranxa como centro de formación.


Baixo a coordinación, seguimento e valoración do director da EDM EON Burela FS, Alfonso Mera, Lidia e José realizarán as prácticas formativas ata o 13 de xuño. Completarán un total de 380 horas, ao longo das cales se internarán tanto na dinámica de xestión e organización da escola deportiva coma nos adestramentos e competicións das diferentes categorías de base, así como nas sesións dos primeiros equipos.


A posibilidade de realizar prácticas no club, como centro de formación, aparece contemplada no convenio de colaboración que dende hai anos une o centro educativo e a entidade laranxa. As axudas prestadas polo club burelao ao instituto tamén xiran en torno á organización de charlas educativas e conferencias relacionadas coa saúde e a práctica deportiva, así como na promoción da aprendizaxe permanente da Aula Mentor. Pola súa banda, o IES Monte Castelo deixa á disposición da entidade a loxística do centro, ademais de participar en diferentes actividades das categorías de base como o Campus Internacional Mixto.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.