09/04/2011

Vitoria do Burela FS ante o equipo azulgrana (5-3) logo dun final brillante

Vitoria do Burela FS ante o equipo azulgrana (5-3) logo dun final brillante

Viviu Vista Alegre un deses partidos vibrantes que se deixan ver de vez en cando e que levantan a afección burelá. O equipo que dirixe Suso Rey perdía a falta de tres minutos para o final, cando se puxo a xogar con Purao de porteiro xogador e levantou un marcador que daquela mostraba un inquietante 2-3. Primeiro anotou Purao un excelente disparo para o empate, no minuto 37, e, pouco despois, Víctor Chacón remataba desde o lado dereito un balón que pegou en Roger e entrou para subir o 3-4 ao electrónico. Juanma rematou a faena (5-3, minuto 39) despois dun roubo de balón cos cataláns xogando con porteiro xogador.


Un partido que empezou mal o Burela FS, recibindo un gol de Asenjo no minuto 7 (0-1) e índose ao descanso con desvantaxe, finalizou cunha vertixe impresionante. Importante esta vitoria que deixa o conxunto laranxa co play off a tiro de pedra a falta de poucas xornadas para o final.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.