28/04/2011
O cadro de Pardeiro sumará tres puntos ante o retirado Campillos
O Burela FS Pescados Rubén prolonga o descanso da Semana Santa sumando tres puntiños na vixésimo sétima xornada de Honra ante o retirado CD Campillos (7-0) que o manteñen no podio.
O cadro de Javier Pardeiro volverá á competición o 14 de maio, en duelo directo, na pista do Atlético de Madrid Navalcarnero, que dende a cuarta praza (48 puntos) esta fin de semana visita o sétimo clasificado, Valladolid (42).
A gran cita da xornada estará protagonizada polo Ponte Ourense (73 puntos) e o Móstoles FSF (71), na pelexa polo liderado. O Cajasur Córdoba defenderá o quinto posto (43) na visita a Zaragoza, oitavo (41), e o sexto, Diamante La Rioja (43), recibirá o décimo terceiro, UCAM Murcia (21).
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas