06/05/2011

Brihuega decide o rival de play off para os laranxas

Brihuega decide o rival de play off para os laranxas

A última xornada da División Prata decidirá o rival dos burelaos para o play off, coa  visita a Vista Alegre do Azulejos y Pavimentos Brihuega, un rival que quedou ás portas da fase, con 46 puntos e na duodécima praza. A bomboneira acollerá mañá a trixésimo oitava cita da categoría, ás 18.00 horas (horario unificado), como antesala da que será a sexta fase de ascenso para o cadro laranxa.


As quinielas están abertas. O Burela FS recibirá o Brihuega dende a sexta praza (57 puntos), concentrado en rematar a competición ligueira con vitoria e mirando para outros enfrontamentos que poden influír na súa clasificación final.


Fóra do OPDE Ribera Navarra, segundo (78), os candidatos ao ascenso non teñen a praza asegurada; está no punto de mira a ansiada vantaxe do factor cancha para os catro primeiros, á que aínda poden chegar os burelaos, pero dependendo dos rivais. A dous puntos dos de Suso Rey, o Gáldar defenderá a cuarta praza (59) na casa do descendido Albacete; na quinta praza, o BP Andorra (59) medirase ao sétimo, Arcebansa Zamora (57), que está empatado cos laranxas. 


Co último billete de play off aínda en xogo, se se cumpre a información adiantada por Golsala.com, o privilexio será para o Lanzarote (49 puntos), con tres puntos seguros ante o Tobarra, que non se presentará para xogar a última xornada de Prata por problemas económicos. Cunha vitoria, os canarios adiantarán o UMA Antequera (50 puntos), que finaliza a liga con descanso, e accederán á fase.


Alumnado e profesorado da Escola Deportiva de Chantada presenciarán este partido como convidados da entidade laranxa.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.