Actualidade
O Burela despídese do ascenso a Honra
O Burela FS despídese do soño do ascenso á División de Honra. O Colegio Arenas Gáldar remonta a eliminatoria. No terceiro e definitivo encontro venceu os burelenses por un claro 5-1. O conxunto canario impúxose na serie por 2-1 e agora enfrontarase ao Marfil Santa Coloma por un posto na máxima categoría.
Do mesmo xeito que no choque de onte, o Burela tivo unha boa saída que certificou Esteller no primeiro minuto para adiantar o cadro dirixido por Suso Rey. O tanto visitante esporeou o cadro local, que aumentou a súa intensidade, pero o Burela sorprendeu co xogo de cinco para acougar as súas acometidas. O resultado foi o empate galdense por mediación de Augusto, minuto 6, traspasando o nerviosismo ás filas laranxas. Ique puido desequilibrar o choque nun man a man con Óscar que tivo como vencedor o meta canario. A intensidade e imprecisións, por ambas as partes, aumentaron co paso dos minutos. E desta combinación o Gáldar saíu beneficiado co tanto de Néstor, minuto 15, e a expulsión de Ique, por dobre amarela, minuto 16. O Burela logrou solventar a superioridade númerica dos canarios e ao descanso chegouse con 2-1.
O inicio do segundo período resultou frenético cos dous equipos buscando a meta rival; Néstor e Purao erraron senllas ocasións claras. Nesta fase do encontro, o protagonismo foi para os porteiros, Brais e Óscar. Augusto topouse coa firmeza do novo meta burelense e a fortuna aliouse cos locais cando un taconazo de Clebinho foi repelido por Óscar e despois estrelouse no traveseiro. Acto seguido, chegou o 3-1 por mediación de Julio, minuto 32. Do posible empate pasouse á vantaxe de dous tantos do Gáldar. O Burela, tras un tempo morto, decantouse polo falso porteiro pero foi o Gáldar quen aumentou a súa renda ata o 5-1 final que os clasifica para a seguinte eliminatoria.
Ficha técnica
Colegio Arenas Gáldar: Óscar, Julio, Glauber, Néstor, Augusto –cinco inicial- Minhoca, Flavio, Aitor, Lonchu, Adrián e Jerry.
Burela FS: Brais, André, Purao, Juanma, Esteller –cinco inicial- Clebinho, Ique e Manu. Goles: 0-1, m.1, Esteller; 1-1, m.7, Augusto; 2-1, m.15, Néstor; 3-1, m.32, Julio; 4-1, m.34, Néstor; 5-1, m.39, Glaúber.
Árbitros: Moreno Durán e Pérez Pérez, colexio madrileño. Expulsaron ao burelés Ique, por doble cartón amarelo. Tamén amonestaron a Edu, Víctor Cachón, Clebinho, André e Purao. Polo Gáldar recibiron cartón amarelo Adrián, Augusto, Néstor, Aitor e Lonchu.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas