As laranxas deixan a Copa ante o Móstoles (2-1) pelexando ata o último suspiro
A festa laranxa non puido rematar con final galego. O Burela FS deixa a Copa de España cunha meritoria imaxe dentro e fóra da pista, como un loitador incansable, pelexando ata o último suspiro ante o Móstoles (2-1), que loitará por validar o título.
Definitivamente esta non era unha final predestinada para os equipos irmandiños. Xa o presaxiou pola mañá a eliminación do favoritísimo Ponte Ourense, contra todo prognóstico, e pola tarde as mariñás tiveron en vilo o billete para a final ata o último segundo.
Aínda non se acomodora o numerosísimo público na bancada, coa presenza do presidente del Comité Nacional de Fútbol Sala, Antonio Escribano, o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Plácido Díaz, e o secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, cando chegou a primeira alegría para as laranxas, dun espectacular control e remate de Vanessa (minuto 2), de pase longo de Claudia. Cunha presión moi adiantada das mostoleñas, as burelás tiveron que repregar filas para salvagardar o electrónico ao seu favor. Aínda tivo outra boa oportunidade a brasileira a catro minutos para o asubío do descanso, nunha espléndida galopada, que desbaratou Sonia. Pouco despois, Milena puido ampliar as distancias, nun roubo en media pista, que saíu moi desviado. A 2 segundos do remate do primeiro período, a acertada actuación de Jozi impediu a igualada.
Á volta dos vestiarios, as liñas niveláronse cun leve avance das mariñás. O empate chegou no minuto 24 nun lanzamento cruzado en carreira de Patri Jornet, perseguida por Lucía. Segundos máis tarde, Bea, soa ante Jozi, subiu o 2-1. A mellor ocasión tívoa o Burela FS Pescados Rubén no 31, nun rexeitamento da meta madrileña; despois, no 32, Lucía quedou soa ante Sonia.
A cinco minutos para rematar o tempo regulamentario, Dolo vestiu a camiseta de porteira xogadora. No 37, a bancada laranxa saltou nun balón que a piques estivo de ser a igualada entre Lucía e Ro. E a partir de aí avalancha laranxa; a 32 segundos Ro rozou un pase de Vanessa ao lado da portería. Aínda tivo o empate nos seus pés Lucía, pero non puido ser.
FINAL. Rioja Diamante e Móstoles FSF pelexarán polo título mañá en Vista Alegre, a partir das 18.30, nun encontro que será retransmitido pola TVG2.
Ficha técnica
Móstoles FSF: Sonia, Sonso, Beíta, Bea e Patri Jornet, no cinco inicial; tamén xogaron Inma, Ju Delgado, Patri, Eva Manguán,
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Vanessa, Claudia, Ro e Lucía, no cinco inicial; tamén xogaron Milena, Dolo, Lidia
Goles: 0-1, minuto 2, Vanessa; 1-1, minuto 24, Patri Jornet; 2-1, minuto 25, Bea
Tarxetas amarelas: Milena, minuto 14; Claudia, minuto 28
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas