05/06/2011

O Móstoles valida a Copa de España (2-4) ante un serio Diamante

O Móstoles valida a Copa de España (2-4) ante un serio Diamante

O Móstoles FSF proclamouse campión de España esta tarde en Vista Alegre ante un Diamante Rioja moi serio, con pouca fortuna na finalización. Cun marcador de 2-4, as madrileñas validan o título acadado en 2010 tamén en terras galegas, en Ourense; a copa de Burela suma a terceira da súa historia.


As primeiras chegadas, aínda que sen moito perigo, foron para as diamantinas. No minuto 4 tivo unha boa ocasión Bea Martín, pero a presión mostoleña foi tomando terreo paseniño. Patri Jornet foi a encargada de inaugurar o electrónico para as madrileñas cando transcorría o minuto 15 de xogo. Espléndida oportunidade de empatar tivo Bea Martín dous minutos máis tarde, que marchou desviada. A escasos segundos para o ecuador, Drica desaproveitou un pase de Peque ao pé da portería de Sonia.


O reinicio do encontro nivelou o marcador. Tan só lle fixeron falta 32 segundos a Bea Ascacíbar para igualar a contenda. O Móstoles reaccionou impoñendo un ritmo máis rápido para intentar sorprender e perforar a defensa rioxana. A mellor oportunidade nas filas madrileñas tívoa no minuto 27, soa ante a meta, que despexou Marta. Un minuto máis tarde Drica salvou un rexeitamento que quedou morto en zona perigosa. Con perigosidade por ambas as partes, o Móstoles volveu tomar a dianteira, no 34, a saque de falta de Patri e ampliou distancias co 1-3, un minuto máis tarde nunha contra de Beíta que superou a Marta. As rioxanas intentaron a remontada con Drica como porteira xogadora, pero non resultou; Inma subiu o 1-4 a porta baleira a menos de dous minutos para o final. Nun roubo de balón, Peque reduciu a poucos segundos para o remate pero non houbo tempo para máis.


As campioas recibiron a copa de mans do presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala  da Real Federación Española de Fútbol, Antonio Escribano; o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Plácido Díaz, foi encargado de entregar o trofeo ás subcampioas.


A cita contou coa presenza, da vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, o delegado provincial de Deportes, Antonio Veiga, e o parlamentario Ismael Rego, que acompañaron no palco de Honra os representantes do Comité Nacional de Fútbol Sala e da Federación Galega de Fútbol, os seleccionadores nacionais José Venancio López e Arsenio Pascual e  autoridades locais.


 


Ficha técnica


Rioja Diamante: Marta, Peque, Bea Martín, Maite e Drica, no cinco inicial; tamén xogaron Bea Ascacíbar, Garu, Barbi, Cris


Móstoles FSF: Sonia, Sonso, Beíta, Bea e Patri Jornet, no cinco inicial; tamén xogaron Patri, Ju Delgado, Inma, Eva Manguán,


Goles: 0-1, minuto 15, Patri Jornet; 1-1, minuto 20, Bea Ascacíbar; 1-2, minuto 34, Patri; 1-3, minuto 35, Beíta; 1-4, minuto 38, Inma, 2-4, minuto 39, Peque.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.