01/07/2011

O Torneo EON estréase hoxe con 11 clubs e 29 equipos

O Torneo EON estréase hoxe con 11 clubs e 29 equipos

O Torneo EON de Fútbol Sala Base A Mariña 2011 estréase esta tarde coa presenza de 11 clubs e 29 equipos nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Xunto ao CD Burela FS como anfitrión participarán os históricos UD Las Rozas Boadilla e Caja Segovia FS, Vigo 2015, Troula FS de Betanzos, Os Meigallos FS de Sarria, A Mariña FS de Viveiro, AD Santiago de Foz, Cidade de Viveiro, Concello de Xove e a Selección da Mariña.


Ás 17.00 horas dará comezo a competición de forma simultánea, con sistema de dúas fases, nos pavillóns locais Vista Alegre e Monte Castelo, en Marzán-Foz e A Veiga-San Cibrao.


A primeira eliminatoria disputarase entre hoxe e mañá. Compoñerán a categoría benxamín A Mariña FS viveirense, Troula FS, Selección da Mariña, Concello de Xove, Vigo 2015 e os tres conxuntos da ED EON Burela FS, con sede no Monte Castelo e Vista Alegre. En alevíns, tamén na vila burelá, competirán AD Santiago de Foz, Cidade de Viveiro, UD Las Rozas Boadilla, o combinado comarcal, Troula FS, Caja Segovia e ED EON Burela FS A e B. A selección mariñá, os conxuntos segoviano e madrileño, o cadro vigués e os dous burelistas formarán a categoría infantil, con pista de xogo en Marzán. Finalmente, a competición cadete, en San Cibrao, estará integrada por UD Las Rozas Boadilla, Caja Segovia, o combinado da bisbarra, Vigo 2015, Troula FS e o conxunto anfitrión, coa incorporación dos Meigallos FS, de Sarria.


Vista Alegre acollerá a fase final o domingo, cos dous primeiros clasifiados, pechará a cita ás 21.00 horas, coa entrega de trofeos para o campión, subcampión e terceiro clasificado, máximo goleador, mellor xogador e equipo máis deportivo en cada categoría.


Durante todo o torneo, a organización tamén lles ofrecerá aos rapaces unha programación lúdico-deportiva complementaria, con xogos multimedia, inchables, xogos populares e visitas guiadas ao barco-museo Reina del Carmen, ademais de ter a posibilidade de usar as instalacións do complexo deportivo da Marosa.


 


CALENDARIO

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.