08/08/2011

Vista Alegre dá a benvida ao CD Burela FS 2011-12

Vista Alegre dá a benvida ao CD Burela FS 2011-12

O vindeiro xoves, 11 de agosto, Vista Alegre dará a benvida ao renovado proxecto do CD Burela FS para o espectáculo da Primeira e Segunda División, coa presentación dos cadros de Javier Pardeiro e Quique García. Os protagonistas laranxas da tempada 2011-12 saltarán á pista a partir das 20.30 horas.


Os afeccionados/as terán a oportunidade de gozar cos primeiros toques dos novos Burela FS e Burela FS Pescados Rubén nun partido entre as dúas grandes potencias laranxas, con aliñacións mixtas. A entidade burelista habilitará unha Fila 0 para a ocasión, cuxa recadación se destinará á asociación Camiña e a Fundación Eu Son de Burela.


Con esta cita, ambas as escuadras inaugurarán oficialmente a súa pretempada. As pupilas de Pardeiro clausurarán a súa preparación o 10 de setembro, en Vista Alegre, ante o vixente campión da Copa de España, FSF Móstoles; entre os amigables disputarán a fase previa da XXI Copa Galicia, ante A Fervenza FSF e o Leis Pontevedra, da Segunda División. O comezo ligueiro para o conxunto de Quique García será o 17 de setembro, coa visita de El Pozo Ciudad de Murcia; no calendario de preparación do Burela FS figuran o VII Memorial Celso Currás de Trabada, o 20 de agosto; o partido de presentación do Azkar Lugo FS, o día 31; a visita do Autos Lobelle de Santiago FS a Vista Alegre, o 3 de setembro; e a cita ante o Superti A Pontenova en San Tirso de Abres, o 9 de setembro.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.