09/08/2011

O burelao Iago Míguez regresa ás súas orixes para vestir de laranxa

O burelao Iago Míguez regresa ás súas orixes para vestir de laranxa

Iago Míguez Expósito (Burela, 1991) será xogador do Burela FS. O ala-pivote, que regresa ás súas orixes futbolísticas e á súa vila para vestir de laranxa en 2011-12, procedente o Azkar Lugo FS, xa puido compartir o adestramento hoxe pola tarde cos seus novos compañeiros.


A chegada do brillante Iago Míguez faise realidade tras carta de liberdade concedida pola entidade transportista, na que o burelao militou as últimas catro tempadas. Xa na súa etapa de base no CD Burela FS o mariñán apuntaba maneiras, cos títulos de campión de España coa Selección Galega e de Máximo Goleador na categoría infantil, en 2004-05; campión da Liga Autonómica Cadete e subcampión de España con Galicia Cadete, en 2005-06; ou como campión de España e Mellor Xogador, en 2006-07. En 2007-08, Iago Míguez incorporouse ao Azkar para formar parte do cadro xuvenil e do equipo de Primeira Nacional A. Tan só unha tempada despois, con 17 anos, puido debutar na División de Honra co primeiro equipo e, pouco a pouco, foi gañándose un sitio tanto no vestiario lugués coma na máxima categoría. En maio de 2011, o seu traballo e calidade foron recoñecidos coa convocatoria para participar nunha concentración da Selección Española Sub-21.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.