25/08/2011

A entidade laranxa recupera a denominación de CD Burela Pescados Rubén

A entidade laranxa recupera a denominación de CD Burela Pescados Rubén

A punto de cumprir dez anos de historia, a entidade laranxa recupera a súa denominación máis identificativa, CD Burela FS-Pescados Rubén, en 2011-12, tras o acordo acadado coa empresa mariñá Pescados Rubén SL, que volve erixirse como o principal patrocinador do club.


Pescados Rubén SL posicionouse como o primeiro impulsor do proxecto laranxa dende o sector privado, alá por 2001, na xestación dunha entidade seria que pelexaba polo desenvolvemento do fútbol sala nunha comarca que sempre sentiu predilección por este deporte. Dende entón, o seu inestimable apoio contribuíu a crear unha estrutura sólida, coa consolidación do Burela FS masculino, que dende 2003 milita en Prata con nada máis e nada menos ca seis fases de ascenso á elite, e o afianzamento da formación de base, cunha escola deportiva que dende 2007 traballa con preto de 200 alumnos/as. Nas dúas últimas tempadas o compromiso da compañía apostou especialmente polo proxecto feminino, Burela FS Pescados Rubén, na División de Honra.


Máis de trinta anos de experiencia avalan a Pescados Rubén na comercialización nacional e internacional de produtos do mar. A empresa, con sede no concello lugués de Foz, posúe un cadro que se aproxima ao centenar de empregados e caracterízase por establecer unha relación próxima e duradeira con clientes e provedores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.