08/09/2011

Empate en Copa para o feminino (3-3) antes da estrea en Vista Alegre ante o Móstoles

Empate en Copa para o feminino (3-3) antes da estrea en Vista Alegre ante o Móstoles

Viaxou o Burela FS Feminino Pescados Rubén a Pontevedra coa mirada posta no partido co Móstoles, que servirá de debut ante a súa afección o vindeiro sábado (Vista Alegre. 18:30 horas) e apañou un excelente empate que sitúa ás mariñás ao fronte do grupo A da Copa galega.


As de Pardeiro fixeron un partido serio e mantiveron ao Leis baixo control, repartíronse ocasións e ata puido haber máis goles. Polas laranxas marcaron Dolo (2) e Peque.


Comeza a Liga coa visita do Móstoles


O actual campión de Copa e Subcampión de Liga será o primeiro rival na terceira tempada que disputará o conxunto mariñao na elite do fútbol sala mundial. En declaracións feitas ao xornal  A Mariña-El Progreso, o adestrador burelao pensa que “seremos un rival difícil de vencer para calquera” en clara referencia a un grupo cada vez máis “compacto”. Pardeiro tamén pensa que “cada vez estamos máis preto de loitar por un título a nivel nacional”.


Entrada gratuita


A entrada para o encontro inaugural da Liga de Primeira División femenina é gratuita. Os socios/as do club poden recoller o seu carnet no pavillón Vista Alegre durante o encontro.



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.