16/09/2011

Comeza o baile laranxa 2011-12 na Segunda División, con ElPozo Ciudad de Murcia

Comeza o baile laranxa 2011-12 na Segunda División, con ElPozo Ciudad de Murcia

Xa está todo a punto para o comezo do baile laranxa 2011-12 na Segunda División, coa visita de mañá de ElPozo Ciudad de Murcia a Vista Alegre (18.30 horas), nunha tempada que se prognostica como unha das máis rifadas dos últimos anos.


Xunto Brais, André, Purao, Víctor Cachón, Ique, Juanma, Manu Jiménez, Christian, Clebinho e Turero, nesta nova andadura laranxa estrearase no banco o técnico Quique García e Iago Barro, na portería, ademais dos regresos de Dani Martín e Iago Míguez.


Sendo fiel aos seus alicerces e cunha dose extra de rexuvenecemento, o proxecto mariñán encara unha nova etapa chea de ilusión. Para a primeira batalla, na fortaleza burelista, medirase a un conxunto reestruturado tras as numerosas baixas con xogadores moi novos, dirixidos un exercicio máis por Juan Franciso Fuentes.


Para a posta de gala en Vista Alegre, Quique García disporá do vestiario ao completo, coa excepción do ala-peche viveirense Christian, que será sometido a unha artroscopia no xeonllo dereito mañá, a primeira hora, no Policlínico Lucense SA.


Como antesala do encontro, a peña A Pataca Naranxa reunirá a afección burelista no Día do Socio/a en torno a un xantar (A Parrillada de Jandro, 14.30 horas) para ir entoando os cantos de ánimo que os xogadores poderán escoitar ao longo de toda a tempada, nun ano moi especial para o club, no seu décimo aniversario.


Carnés 2011-12. Os socios/as poderán recoller mañá os carnés 2011-12 na bomboneira, a partir das 17.30 horas. O horario de atención da sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) é de luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-20.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.