21/09/2011

O deporte laranxa, na Semana Europea da Mobilidade

O deporte laranxa, na Semana Europea da Mobilidade

Xogadores e xogadoras do CD Burela FS Pescados Rubén protagonizaron hoxe, xunto aos rapaces e rapazas burelaos, ‘Dispara a Gol’, actividade lúdico-deportiva integrada na Semana Europea da Mobilidade de Burela, baixo a organización da Concellería de Ambiente.


Rosana, Haydee, Maite e Peque, con Juanma, Brais, Clebinho e Turero, afinaron puntería xunto aos nenos e nenas que  se achegaron ata a praza da Mariña de Burela. Os participantes recibiron invitacións para o derbi galego deste sábado entre o Pescados Rubén e o Ponte Ourense (17.30 horas), da Primeira División Feminina, e balóns asinados polos membros laranxas.


A Semana Europea da Mobilidade porá o peche mañá con ximnasia preventiva e un ensaio público de música, baile e canto da Sociedade Cultural Ledicia de Burela, despois dunha semana de actividades como globoflexia, circuítos de bicicletas e karts ou xornadas de lectura colectiva, co obxectivo de concienciar a cidadanía sobre hábitos de mobilidade sostibles e razoables.


Con esta colaboración, o CD Burela FS Pescados Rubén reforza a aposta pola protección do medio natural, un compromiso que contraeu oficialmente en abril de 2010 coa adhesión á Carta Verde do Deporte Español, iniciativa do Consello Superior de Deportes, en colaboración co Comité Olímpico Español, a Fundación Biodiversidade de Medio Ambiente e a ONG Green Cross España.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.