24/09/2011

Ampi decidiu o derbi en Vista Alegre

Ampi decidiu o derbi en Vista Alegre

O Ponte Ourense adxudicouse (0-1) o derbi galego ante o Burela FS Pescados Rubén cun gol de Ampi no tramo final do choque. O duelo tivo todos os ingredientes propios dun derbi aínda que sen excesivas ocasións de gol.


O Burela iniciou o choque moi concentrado e gozou dun par de ocasións, Peque e Haydée, nas que a gardameta pontina salvou ao seu equipo. A intensidade máxima marcaba un partido entre dous conxuntos que exercían mellor as tarefas defensivas que o aspecto creativo. O máis perigoso do Ponte foi un disparo de Souza que Jozi desbaratou perfectamente. Nos instantes finais, o maior perigo de gol foi de cor laranxa. O Burela cazou á contra ás ourensás aínda que Peque foi inhabilitada para rematar cando se cantaba o gol en Vista Alegre. A resposta visitante foi un disparo cruzado e raso de Sarita que repeleu o exterior do pau dereito. Na continuación repetiuse o guión inicial. De novo o conxunto burelense puido golpear ao Ponte pero o remate de Peque foi demasiado frouxo e Eva detivo sen problemas.


O Burela cedeu a iniciativa ás ourensás que carecían de creatividade e precisión no pase final. Co Ponte sen espazo para explotar a velocidade de Ampi, o Burela manexaba a situación en busca dun contragolpe certeiro que non chegou e cando se enfilaba a recta final emerxeu o oportunismo de Ampi para situar o 0-1, minuto 36. Ao instante, respondeu Peque cun forte disparo que se estrelou no pau visitante e inmediatamente, Javier Pardeiro optou polo xogo de cinco pero o marcador permaneceu impasible.


Ficha técnica


Burela Pescados Rubén: Jozi, Lucía Nespereira, Dolo, Haydée e Peque (quinteto inicial). Tamén xogaron Ro, Claudia, Maite e Lida.


Ponte Ourense: Eva, Anita, Ampi, Sara e Bea (quinteto inicial). Tamén xogaron Souza, Drica e Marta.


Goles: 0-1, min. 36, Ampi


Pavillón Municipal de Vista Alegre. 450 espectadores


Colexiados: Otero Calvo e Vázquez Illodo do Colexio Galego. Amoestaron con cartón amarelo a Lucía Nespereira e a Dolo no Burela FS Pescados Rubén e a Ana o Ponte Ourense.


Observacións: Gardouse un minuto de silencio en memoria de Martín Iglesias Verdes, socio do club burelés, finado recentemente.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.