25/09/2011

O Andorra aproveita a escasa eficacia laranxa para gañar por 6-3

O Andorra aproveita a escasa eficacia laranxa para gañar por 6-3

O Burela FS Pescados Rubén regresou de baleiro de terras andorranas tras perder por 6-3 nun partido marcado polo acerto local nos contragolpes e a escasa efectividade laranxa en ataque, así como a súa irregularidade durante o choque.


O guión do encontro foi unha constante durante os corenta minutos. Os burelenses levaron a iniciativa e o control do xogo ante un cadro local que buscaba o contragolpe como arma principal. A xogada resultou favorable para o Andorra debido á pouca rendibilidade que o Burela logrou sacar do seu dominio e ocasións. Duplicou en tiros á porta á escuadra andorrana pero tamén cometeu erros colectivos, sobre todo no ataque posicional, que facilitaron o contragolpe local. Ao tanto inicial de Cabinho, o Burela reaccionou con autoridade por mediación de Dani Martín e Ique, que marcou o 1-2. A resposta local non se fixo esperar e de novo Cabinho marcou para establecer a igualada no ecuador do primeiro período. O Burela desaproveitou varias oportunidades para adiantarse, todo o contrario que os locais, que ao fío do descanso estableceron o 3-2 cun gol de Nacho.


No segundo período mantívose o discurso pero cunha maior diferenza na efectividade de ambos os conxuntos, con saldo favorable ao Andorra, que se distanciou no electrónico (5-2). A cinco para o final, o Burela xogou de cinco e acurtou distancias con tanto de Dani Martín, o mellor burelense en ataque ben secundado por Purao na faceta defensiva. O cerco laranxa á meta local resultou infrutuoso e Nacho selou nos últimos segundos a vitoria andorrana.


Ficha técnica


Hotels Plaza Andorra: Pauliño, Carliños, Cabinho, Emil, Nacho – cinco inicial- Jonathan, Soty, Riccioti, Toni, Diego e Junior.


Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, André, Purao, Juanma, Clebinho –cinco inicial- Víctor Cachón, Ique, Manu e Dani Martín.


Goles: 1-0, m.4, Cabinho; 1-1, m.6, Dani Martín; 1-2, m.8, Ique; 2-2, m.10, Cabinho; 3-2, m.19, Nacho; 4-2, m.30, Emil; 5-2, m.32, Cabinho; 5-3, m.35, Dani Martín; 6-3, m.40, Nacho.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.