08/10/2011

O primeiro triunfo laranxa chega con billete canario (2-5)

O primeiro triunfo laranxa chega con billete canario (2-5)

Efectivamente, o Burela FS Pescados Rubén puido materializar o despegamento de 2011-12 e nunha das pistas máis duras da categoría. O primeiro triunfo da tempada chega tras o 2-5 ante o Colegios Arenas Gáldar, nunha tarde na que os laranxas combinaron a boa finalización co excelente traballo de Brais baixo os paus.


Aínda que ambas as escuadras descubriron as cartas do ataque frenético, foi Víctor Cachón o primeiro en obter recompensa, inaugurando o electrónico no minuto 10. Dani Martín, con asedios continuos na meta rival, asumiu a autoría do 0-2, a dous minutos para o descanso. O remate da primeira parte facía presaxiar un bo desenlace.


Aínda que os pupilos de Quique García volveron enchufadísimos á pista, xa no primeiro minuto Julio puido reducir distancias (1-2). Tras constantes tentativas por ambos os dous lados, Juanma subiu o 1-3 (minuto 31). A falta de catro minutos para o asubío final os insulares optaron polo xogo de cinco. Co tempo escapando, Augusto deu alas co 2-3, no 38,  pero o Mariskal, Juanma, primeiro e Purao despois deron o golpe de autoridade para sentenciar o resultado favorable aos mariñáns (2-5).


 


Ficha técnica


Gáldar Gran Canaria: Sergio Gama, Glauber, Minhoca, Aitor e Augusto, no cinco inicial; tamén xogaron Yoni, Flavio, Safar, Zeus, Néstor e Julio


Burela FS-Pescados Rubén: Brais, Purao, Ique, Dani Martín e Clebinho, no cinco inicial; tamén xogaron André, Juanma, Víctor Cachón, Manu e Iago Míguez


Goles:0-1, minuto 10, Víctor Cachón; 0-2, minuto 18, Dani Martín; 1-2, minuto 21, Julio; 1-3, minuto 31, Juanma; 2-3, minuto 38, Augusto; 2-4, minuto 39, Juanma; 2-5, minuto 39, Purao.


Árbitros: Arance García e Rubio González, do Colexio Madrileño. Amoestaron polos locais a Aitor (expulado por dobre tarxeta no minuto 28), Glauber e Minhoca e polos visitantes a Purao e Dani Martín



 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.