A recuperar a senda da vitoria no domicilio do novel Majadahonda
A Primeira División Feminina regresa coa visita do Burela FS-Pescados Rubén ao domicilio do novel Majadahonda FSF-Afar 4. O pavillón municipal La Granadilla acollerá o partido da quinta xornada a partir das 20.00 horas.
O conxunto laranxa pelexará por recuperar a senda da vitoria despois de dous brillantes encontros, ante o Cajasur Córdoba, na liga, e Ponte Ourense, na Copa Galicia, nos que a finalización non estivo da súa parte. As pupilas de Javier Pardeiro viaxarán coa incerteza do rival, do que dispoñen escasas referencias, un equipo cos inicios atropelados (Ponte Ourense 2-11, Orvina 6-2 e Cajasur 3-9) que está empatado a 3 puntos coas burelistas; na xornada anterior puido conseguir o seu primeiro triunfo na elite, na casa do Diamante Logroño (1-4).
O vestiario mariñán volverá contar coas ausencias de Jozi, en pleno Sudamericano 2011 co combinado canarinho, e Peque, que estará afastada das pistas durante un mes recuperándose dunha escordadura de ligamento cruzado posterior.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas