Cidade das Burgas 5-1 Panificadora del Eo Ribadeo FS
O Panificadora del Eo Ribadeo FS non puido culminar a súa primeira vitoria da tempada na pista do Cidade das Burgas (5-1), da cuarta xornada de Autonómica. As ribadenses saíron a por todas en Ourense, fronte a un equipo formado con xogadoras moi novas que esperan a oportunidade de competir en Primeira División.
Na primeira metade, o conxunto mariñán levou o peso do partido, que presionou sobre o rival durante os 40 minutos; a excelente actuación ademais da porteira local, Antía, salvou o seu equipo dun marcador máis desfavorable. Resposta ao esforzo que realizaban as ribadenses para conseguir facerse co esférico nas proximidades da portería local, Ana no minuto 16 conseguiu o 0-1. O Panificadora confiouse e a falta dun minuto para o descanso, María, outra das destacadas das ourensás, puxo por diante as locais: o primeiro dun potente tiro pola escuadra da portería defendida por Antía e o segundo logo dunha serie de rexeitamentos dentro da área visitante.
O regreso do vestiario foi un pesadelo para as xogadoras do Panificadora, que cun marcador desfavorable se viron obrigadas a seguir presionando o seu rival. No minuto 24 chegou o mazazo para as ribadenses, de novo a verdugo María bateu a Carla, que saíu na segunda metade en substitución de Antía, conseguindo o 3-1. A partir deste momento a escuadra mariñá bailou ao ritmo que tocaban as das Burgas, que subiron ao marcador o 4-1 e o 5-1, no minuto 33 por mediación de Sofía e Helena, respectivamente.
Difícil rival tamén o Fisober de Vimianzo, sexto clasificado, que visitará Ribadeo o vindeiro sábado. As de Martínez deberán evitar fallos en defensa para non verse goleadas por un equipo que foi a revelación da pasada tempada e que nesta xa se impuxo a algúns dos favoritos.
Provincial masculina. O Ribadeo FS estreou a tempada con derrota na casa ante o debutante Baamonde FS (1-)2. O gol da vitoria para os visitantes conseguírono ao transformar un dobre penalti cando o luminoso marcaba o 0:00.
Ficha técnica
Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Antía, Eva, Toñi, Elvira e María, cinco inicial; tamén xogaron Iria, Ana, Arancha, Sabela, Marta, Tania e Carla.
Cidade das Burgas: Antía, Sofía, Helena, Zaida e María, cinco inicial; tamén xogaron Nahir, Aldara, Marta, Laura Martínez, Shirley, Lucía e Laura Pérez.
Árbitros: Andrés García Freiría e Ignacio Fernández Rodríguez, da delegación de Vigo. Amosaron cartón amarelo ás ribadenses María e Carla.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas