27/10/2011

A visita do Coruxo inaugura a liga cadete para os laranxas este sábado

A visita do Coruxo inaugura a liga cadete para os laranxas este sábado

O conxunto cadete laranxa, dirixido por Carlos Méndez e Marcelo Santoro, inaugurará a competición Autonómica este sábado coa visita do IES Coruxo Concello de Vigo. O encontro comezará ás 16.00 horas, en Vista Alegre, como antesala da sétima xornada da Segunda División Masculina entre o Burela FS-Pescados e o histórico Playas de Castellón.


Infantil. O Burela FS Infantil tamén ten data para o inicio en Autonómica; estreará a liga 2011-12 o 5 de novembro, como local, ante o Colegio Liceo. A escuadra mariñá, adestrada por Carlos Méndez, terase que enfrontar ademais a CD Mare Nostrum FS, Vigo 2015 FS, ADFS Bueu, Azkar Lugo Fs, A Paz 03, AD Lumieira e Troula FS, ata o 5 de maio de 2012.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.