31/10/2011

O Burela FS aparca a liga para subirse á Copa do Rei

O Burela FS aparca a liga para subirse á Copa do Rei

Tras o categórico resultado ante o Playas de Castellón (10-1) que catapulta a Dani Martín como máximo goleador de Segunda División, o Burela FS Pescados Rubén aparca a liga para enfrontarse mañá ao Club Noia FS, de Segunda B, na segunda eliminatoria da Copa do Rei.


O pavillón municipal de Noia (18.30 horas) acollerá un partido moi intenso ante dous conxuntos cunha dinámica ascendente nas súas respectivas ligas.  Os noieses, que clausuraron a campaña pasada na segunda praza, atravesan o seu mellor momento de 2011-12. Despois de estrearse cun firme triunfo ante o Azkar B (8-2) as cousas viráronse para os da Coruña ata a quinta xornada; a punto de entrar no noveno compromiso de Segunda B agora navegan pola zona media-alta da clasificación grazas ás tres últimas citas (Cidade de Narón 3-7, Albense FS 3-2 e P. Deyma 1-3).


Empoleirado á cuarta praza, a tan só un punto do podio, o Burela FS afronta a eliminatoria con ganas, pero tamén con sobrecarga na axenda. “Chegamos nunha boa dinámica, aínda que as esixencias da semana, con tres partidos, incluída a visita á pista do líder de Segunda, nos obrigan a rendibilizar os recursos” explicou Quique García, que destacou “o atractivo da cita tanto para xogadores coma para a afección”. “Saltaremos a unha pista que facilita a defensa, na que o público pode apertar moito, para loitar por coarnos na próxima fase” dixo o técnico laranxa.


Os outros enfrontamentos. O Parrulo FS-Cidade de Narón, Dominicos-UPV Maristas Valencia, Centelles-Playas de Castellón, Bar Mi Casa-Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, Zalatambor Area 99-Hotels Plaza Andorra, Kirol Sport-Sala 5 Martorell, Ziérbana-Hospitalet Bellsport, Incosur Coineña-Melilla, Mutrayil Mercomotril-Ceuta, Uruguay Peruanos-Gáldar Gran Canaria, Alamín-Los Álamos El Pino, Extremadura-Manzanares, AP Brihuega-Fuconsa Jaén, Leganés-Oxipharma e Pilaristas-UMA Antequera.


O sorteo da terceira eliminatoria, entre os clasificados e os representantes da Primeira División, será o 8 de novembro.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.