02/11/2011

Funeraria Apóstol 5-1 Panificadora del Eo

Funeraria Apóstol 5-1 Panificadora del Eo

Excelente primeira parte a do Panificadora del Eo-Ribadeo FSF en Santiago ante o Funeraria Apóstol, un dos mellores equipos de Autonómica, aínda que o resultado non acompañou as de Martínez (5-1).


O Ribadeo, que saíu moi atrás, soportou con acerto a avalancha das locais durante os 10 primeiros minutos, monólogo das santiaguesas, pero pouco a pouco foi estirando as súas liñas e incluso chegando con perigo á portería de Nerea. Só dende o punto de penalti foron capaces as locais de perforar a portería defendida por Antía. Unha acción de Elvira ao bordo da área que o colexiado sancionou cun dubidoso penalti supuxo o 1-0, a falta de 36 segundos para o descanso.


Na segunda metade as ribadenses continuaron ordenadas en defensa, pero a maior calidade individual das xogadoras do Fune desequilibrou o marcador ata o 3-0. O Ribadeo estirou as súas liñas e Ana conseguiu bater a Nerea. Foi o 3-1, que deu alas ás ribadenses e as levou a descoidar a súa defensa, ante o que o Funeraria aproveitou á contra os desacertos de finalización das visitantes, con dous novos tantos no desenlace do partido.


Os goles do Fune foron de Belén, Montse, Alba, Irene e Antía, mentres que o tanto do Panificadora foi autoría de Ana.


O Leis Pontevedra, outro dos potentes, visita Ribadeo a próxima xornada.


Provincial masculina. O Ribadeo FS conseguiu a súa primeira vitoria da temporada ante un Samos que tan só se presentou con cinco xogadores; o partido foi suspendido a falta de quince minutos ao ser expulsados dous dos samonenses, cando o luminoso marcaba 3-1 a favor dos locais. Marcos, Toñín e Ico anotaron os tantos mariñáns.


Provincial femenina. Bo encontro das promesas ribadenses do Xoula, que golearon 4-0 (Elvira 2, Elena y Marta) ao Outeiro de Rei. Ao descanso chegouse co resultado de 3-0.


 


Ficha técnica


Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Antía, Ana, Eva, María e Elena, no cinco inicial; tamén xogaron Tania Penabad, Marta, Arancha, Fátima, Toñi e Elvira.


Funeraria Apóstol FSF: Nerea, Ángela Nogueira, Montse, Antía e Belén, no cinco inicial; tamén xogaron Alba, Carla, Irene, Ángela Otero e Laura.


Árbitros: José A. Vilas Martínez e Yayo Pájaro Gómez, de Santiago. Amosaron cartóns amarelos a Irene, polas locais, e a Elvira, polo Panificadora.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.