07/11/2011

O Leis Pontevedra derrota por 2-4 ao Ribadeo FSF

O Leis Pontevedra derrota por 2-4 ao Ribadeo FSF

O Panificadora do Eo-Ribadeo FSF de categoría Autonómica Feminina encaixou a súa sexta derrota (2-4) da tempada ante o Leis Pontevedra que acudiu á cita en Ribadeo con reforzos do seu equipo de Segunda División.


O conxunto ribadense dirixido por Martínez complicou a vitoria ás pupilas de Jacobo que desde o asubío inicial optaron polo xogo de cinco. No primeiro período a boa defensa das ribadenses e as saídas á contra estiveron a piques de sorprender ao Leis que estivo máis acertado e retirouse ao descanso con 0-1, gol de Gema no minuto 8.


Na segunda metade o Panificadora mantivo a mesma tónica, pero un fallo na transición ofensiva da ribadenses propiciou que Paloma establecese o 0-2, minuto 22. Catro minutos máis tarde, Eva acurtou distancias ao transformar desde campo propio un roubo de balón co Leis xogando de cinco. As locais buscaron o empate con afán pero o Pontevedra sentenciou o partido por mediación de Tamara e Andrea. A falta de 1 minuto para o final, Ana estableceu o 2-4 final dun partido no que as mariñás mereceron mellor sorte.


O Panificadora desprazarase a Poio (Pontevedra) o vindeiro sábado para enfrontarse a outro dos filiais da segunda división.


Provincial masculina. En provincial masculina, o Ribadeo FS perdeu en Baralla por un axustado 2 a 1.


Provincia feminina. Impresionante goleada a domicilio das promesas do Xoula ao Sporting Rabadense (0-11). As ribadenses dirixidas por Docobo plasmaron unha excelente actuación no municipal de Rábade. Todas as xogadoras, agás a porteira Tania García, conseguiron marcar. Os tantos repartíronse da seguinte forma: Elvira (3), Tania Penabad (2), Sabela (2), Yoli, Montse, Lucía e Iria.



Ficha técnica


Panificadora do Eo-Ribadeo FS: Antía, Ana, Eva, Marta e María, cinco inicial; tamén xogaron, Fátima, Elena, Arancha e Toñi.


Leis Pontevedra FS: Andrea, Gema, Pomba, Paula e Silvia, cinco inicial; tamén xogaron, Carmen Zas, Tamara e Elena.


Árbitros: José Luis Naray Álvarez e Javier Mogo Torrado da delegación lucense. Mostraron cartóns amarelos a Gema, Pomba e Silvia polo Leis.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.