Actualidade
Lidia, reclamada pola Selección Galega Sub-23
A ala do Burela FS Pescados Rubén Lidia Mesías foi reclamada para participar na preparación da Selección Galega Sub-23. O primeiro adestramento do combinado irmandiño terá lugar o vindeiro luns, 14 de novembro, no pavillón compostelán de Roxos, a partir das 18.45 horas. A xogadora laranxa xa tivo a oportunidade de chegar ata as semifinais defendendo a Galicia no pasado Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-23 (Estepona, 2-6 marzo de 2011).
Xunto a Lidia tamén foi convocada a ex–burelista laranxa Lara Balseiro, que esta tempada estrea camisola co Combarro FS. Completan o chamamento Lucía, Ana e Iria, do Cidade das Burgas; Dolores, Jessica, Ana e Vanessa, do Ponte Ourense SAD; Sheila e Erika, do Valdetires Ferrol FS; Lucía, Patricia e Sheila, do Viaxes Amarelle; Carmen, Tamara e Adriana, do Leis Pontevedra FS; Eva e Ale, da Fervenza FS; e Lucía, do Combarro.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas