11/11/2011

O fútbol sala é o segundo deporte nas preferencias dos escolares españois

O fútbol sala é o segundo deporte nas preferencias dos escolares españois

O Fútbol Sala sitúase como un dos deportes favoritos e máis practicados polos alumnos de entre 6 e 18 anos do noso país, tal e como se desprende do estudo sobre ‘Hábitos deportivos da poboación escolar en España’, promovido polo Consello Superior de Deportes (CSD), a Fundación Deporte Novo e a Fundación Alimentum. O informe revela que o Fútbol Sala, despois do fútbol, é o deporte preferido polos escolares que realizan, polo menos unha vez á semana, unha actividade físico-deportiva organizada fóra do horario lectivo, colectivo que representa o 63% dos alumnos matriculados entre primeiro de Primaria e segundo de Bacharelato.


O estudo tamén reflicte que os rapaces practican máis deporte (73%) que as rapazas (53%) e que o 80% deles dos que realizan práctica deportiva seguen o exemplo de seus pais.


O obxectivo deste informe é obter unha radiografía sobre a práctica de exercicio físico en nenos e adolescentes, para a partir dela xerar indicadores de referencia que contribúan á definición de políticas que fomenten o deporte e a realización de actividade física neste segmento da poboación.


Estes datos consolidan o informe elaborado, en 2010, polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), por encargo do Consello Superior de Deportes, para coñecer os hábitos deportivos no noso país, que establece que o 9.6% das persoas (1.907.520) entre 7 e 64 anos que practican deporte en España xogan ao Fútbol Sala.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.