25/11/2011

A pola terceira ante o Eivissa

A pola terceira ante o Eivissa

O Burela FS-Pescados Rubén perseguirá esta fin de semana, en Vista Alegre, a súa terceira vitoria consecutiva, na visita do Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, duodécimo clasificado da Segunda División (18.30 horas). Despois de Manzanares (10-3) e Melilla (0-2), chegou o momento de dar un paso adiante, con determinación e confianza; dende a quinta praza, o equipo, os xogadores e a afección temos una grande oportunidad de achegarnos un pouco máis ao segundo posto da clasificación, a tiro de pedra.


A pesar das dúbidas de comezos de semana, Quique García terá á súa disposición o vestiario practicamente ao completo para medirse a un rival que chegará á bomboneira con moitas ganas de facerse cos tres puntos, despois de subir tan só 2 puntos nas cinco últimas xornadas. Juanma, con sobrecarga de aductores, e Ique e Clebinho, con senllas molestias, xa puideron retomar os adestramentos con normalidade; tamén estará Dani Martín, recuperado da brutal entrada que sufriu na Copa Galicia. Christian xa entrou na última fase da preparación para reincorporarse ao grupo e poderá volver en breve.


Coa recente nova da rescisión de contrato do meta Dani Cabezón, o técnico galego Julio Mougán analizou os laranxas para a web do equipo eivisenco: “Encántame naturalmente visitar Galicia, pero poder seguir sendo adestrador e facelo nunha cancha como Vista Alegre motívame moito máis, ademais esta tempada ninguén conseguiu roubar o gran botín, os tres puntos. Esperamos un partido cun Burela moi agresivo e coa súa liña defensiva moi alta, sabemos que teremos o seu alento na caluga durante todo o partido. Hai factores individuais que tamén teremos que vixiar. Chegamos nun moi bo momento para eles. Manexaremos distintas alternativas tácticas, ambos os equipos coñecémonos moi ben, será un partido moi táctico”.


Rivais laranxas. A un só punto dos laranxas están o Unión África Ceutí, que defenderá a segunda praza na visita ao pechacancelas, Colegios Arenas Gáldar; o Hotels Plaza Andorra, terceiro, que recibe o Playas de Castellón, da metade baixa da táboa; e o Fuconsa Jáen, cuarto, que se enfrontará na casa ao Manzanares, sexto.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.