26/11/2011

O Burela Pescados Rubén remonta un encontro complexo ante o Space Gasifred

O Burela Pescados Rubén remonta un encontro complexo ante o Space Gasifred

O Burela FS Pescados Rubén venceu ao Space Gasifred Eivissa por 5-3 tras culminar a remontada no tramo final do duelo. Este triunfo, terceiro consecutivo, sumado á sorprendente derrota do Oxipharma FS comprime a zona alta da clasificación da Segunda División. O Burela é cuarto a cinco puntos do liderado, a un do segundo e terceiro posto que ocupan Hotels Praza Andorra e Fuconsa Xaén, respectivamente.


O choque en Vista Alegre comezou cun cadro eivisenco que aproveitou percfectamente o desatino laranxa. Aos catro minutos o Space vencía por 0-2, con goles de Dantas e Juanito de penalti. O Burela reaccionou con disparos afastados de Dani Martín e Juanma que Juanan desviou pero á terceira Ique acertou na diana para situar o 1-2. O tanto animou o encontro pero os mariñáns continuaban perdendo demasiados balóns que facilitaban as contras eivisencas. Así chegou o 1-3 que finalizou Leo tras un contragolpe perfectamente executado. O choque foi aumentando de revolucións e Víctor Cachón reduciu distancias situando o 2-3 co que se chegou ao descanso.


Na segunda parte o Burela comezou con maior concentración e logrou o empate por mediación de Cleber, tras culminar unha estratexia de saque de banda. O encontro carecía de control pero o Burela estaba máis enteiro fisicamente que os insulares. As súas contras xa non eran tan continuas e vertixinosas pero aínda soltaban algún lategazo perigoso. A resposta laranxa foi un disparo de Cleber ao pau. A tres para o final Quique García apostou polo xogo de cinco.


O instante decisivo chegou no minuto 38. Joan desperdiciou unha clara ocasión a porta baleira e acto seguido Dani Martín marca o 4-3 que levou o xúbilo a Vista Alegre. O Eivissa tamén atacou de cinco pero Juanma aproveitou unha perda visitante, marcando desde propia pista, para certificar a remontada co 5-3 final.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.