O CD Burela FS, membro do padroado da Fundación Imdecum
O CD Burela FS-Pescados Rubén participou o venres pasado na presentación en sociedade da Fundación Imdecum, Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña, entidade da que forma parte como membro do padroado.
O acto, que tivo lugar no auditorio municipal de Burela, estivo apadriñado polo vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; o xefe de servizos de Deporte da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Rozas; o deputado provincial José Ramón Val Alonso; e o alcalde de Burela, José María González Barcia. O presidente de Imdecum, o director do IES Monte Castelo de Burela e directivo do CD Burela FS Marcelino Luna Almarza, tamén estivo acompañado polo presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano; o seleccionador nacional Venancio López e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Plácido Díaz.
Recoñecida como Fundación de Interese Galego pola Xunta de Galicia, a iniciativa mariñá nace grazas ao apoio das institucións públicas, da Viceprsidencia Primeira da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia, co obxectivo de impulsar, promover e coordinar a actividade deportiva, cultural, educativa e turística da Mariña; fomentar os valores de igualdade, tolerancia, solidariedade, cooperación e integración principalmente na infancia, xuventude, terceira idade, mulleres e daquelas persoas e colectivos con maior risco de exclusión; ademais de difundir, desenvolver e preservar o patrimonio histórico, cultural, natural e turístico da bisbarra. Imdecum pretende aglutinar ademais á empresa privada e conta na súa posta en marcha inicial coa representación no seu padroado de Pescados Rubén SL, Living Sport, Eje Atlántico e Oxem Sport, ademais do CD Burela FS.
A iniciativa centra a actividade dende os seus primeiros pasos, en febreiro de 2010, na colaboración con empresas, entidades financeiras, Administracións Públicas, institucións, asociacións e organismos de toda índole para contribuír aos obxectivos de cada un deles.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas