21/12/2011

O CD Burela FS renova o Plan de Patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte

O CD Burela FS renova o Plan de Patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte

O secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou esta mañá no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo a adxudicación do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de 2011/2012 destinada aos equipos sénior do CD Burela FS, de Primeira División Feminina e Segunda Masculina. O director xeral do club laranxa, José Luis Sáez Castro, acudiu ao acto acompañado polos xogadores/as Christian, Ique, Lidia e Jozi.


Na firma tamén estiveron representadas outras sete entidades deportivas da provincia que se beneficiarán do plan esta tempada: Club de Baloncesto Breogán SAD, Porta XI Club de Baloncesto, Club Peluquería Mixta de Friol, Club Deportivo Lugo, Prone Lugo, Agrupación Deportiva A Pinguela de Monforte e Club Emeve.


O devandito patrocinio é unha iniciativa da Fundación Deporte Galego que se desenvolve por terceiro ano consecutivo e conta con dobre obxectivo, difundir a actividade e a imaxe fundacional e de Galicia, por unha banda, e a promoción do deporte de alta competición en Galicia, pola outra.


Con esta actuación, a Secretaría Xeral para o Deporte apoia a 65 equipos galegos de alta competición, que como o CD Burela FS-Pescados Rubén promoven o deporte galego e o selo Galicia no  ámbito nacional e internacional.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.