04/01/2012

Os torneos de Reis da Coruña e Foz abren a axenda da base burelista en 2012

Os torneos de Reis da Coruña e Foz abren a axenda da base burelista en 2012

O Trofeo de Reis Cidade da Coruña e o Torneo AD Santiago de Foz 2012 abrirán a axenda da base do CD Burela FS Pescados Rubén en 2012 o vindeiro sábado, 7 de xaneiro.


A ED EON Burela FS participará no III Cidade da Coruña (pavillón Club del Mar) coas categorías Alevín e Benxamín; os primeiros xogarán o pase á final fronte ao Mare Nostrum (11.00), co Parrulo-Club del Mar (9.30) no Grupo A, e os segundos farano ante O Parrulo FS (11.45), fronte ao binomio Mare Nostrum-Club del Mar (10.15). Tras a pelexa polo título (Alevín 16.00 e Benxamín 16.45) e terceiro e cuarto posto (Alevín 12.30 e Benxamín 13.30), o club anfitrión, Club del Mar de San Amaro, medirase na categoría infantil ao Mare Nostrum (17.30) e en cadetes ao Mera FS (19.30); o torneo tamén acollerá representación feminina, entre o Viaxes Amarelle B e C (18.30). Ás 21.00 horas, a xornada pecharase coa entrega de trofeos.


Os máis pequenos comezarán o ano no pavillón Torques de Marzán, nunha cita que tamén chega á súa terceira edición. Na categoría Mini-Prebenxamín (nados/as en 2005-06) a ED EON Burela FS xogará con Praia de Covas (10.30), Santiago de Foz (11.30) e SD Ribadeo FS (13.00). Xa pola tarde, na categoría Prebenxamín (2004), a escola laranxa participará ante Santiago de Foz (15.30), SD Ribadeo FS (17.00), Os Meigallos FS (18.30) e Praia de Covas (20.00). A entrega de medallas terá lugar ás 13.30 e 20.30 respectivamente.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.