07/01/2012

Contundente vitoria laranxa con dedicatoria especial a Lucía

Contundente vitoria laranxa con dedicatoria especial a Lucía

< ?xml:namespace prefix = o />Vitoria contundente do Burela FS Pescados Rubén ante o Rioja Diamante que levou un 7-0 de Vista Alegre, no regreso á competición da Primeira División. O conjunto dirixido por Javier Pardeiro iniciou 2012  igual que finalizou 2011, con goleada. Nesta ocasión o triunfo laranxa tivo dedicatoria especial para Lucía Nespereira. O equipo burelés saltou á pista con camisetas de apoio e ánimo á súa compañeira á que brindou un bo partido e moitos goles.


 


O equipo burelao comezou o choque con intensidade e ambición por  aclarar canto antes quen controlaba o partido. Aínda que o Rioja quixera non era quen de discutirlle a posesión ao conxunto laranxa que con determinación derribou a resistencia visitante. Aos seis minutos o panorama estaba despexado con goles de Claudia, Rosana e Lidia. A renda de 3-0 non desmotivou o Burela, que mantivo a concentración e marcou o 4-0, nunha acción de estratexia, por mediación de Maite.


 


Con este marcador chegouse ao ecuador e na continuación Maite foi a protagonista ante o seu ex-equipo, marcando tres goles máis. No segundo período o Diamante foi un barco á deriva, con vontade e coraxe, pero sin recursos para frear o estilo laranxa.


 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.