20/01/2012

Todas as miradas na bomboneira

Todas as miradas na bomboneira
Os xogadores do Pescados Rubén visitaron esta mañá os centros de ensino de Burela para convidar o alumnado a gozar da Festa Laranxa que esta tarde-noite acollerá o pavillón Vista Alegre, co encontro ante o Hotels Plaza Andorra, seguido polas cámaras de Marca TV. Os viveirenses Iago Barro e Christian tamén compartiron o recreo cos rapaces e rapazas da cidade do Landro animándoos a presenciar a emocionante cita de hoxe na bomboneira.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.