22/01/2012

Quinta vitoria consecutiva en Liga (6-0) do Burela FSF Pescados Rubén

Quinta vitoria consecutiva en Liga (6-0) do Burela FSF Pescados Rubén

Un novo triunfo para as de Pardeiro ante o Rubí (6-0) en Vista Alegre afianza as mariñás en postos de Copa. As laranxas dominaron o choque desde os instantes iniciais, con dous goles de Lidia (ambos á saída de cadanseu saque de banda) que puñan en franca vantaxe as locais aos tres minutos de xogo.


Intentouno o Rubí, que sempre se topou coa seguridade de Jozi baixo paus. Un gol de Haydée, aos oito minutos, desfacía toda posibilidade de reacción inmediata das visitantes, que só puideron asistir impotentes ao control do Burela FSF. Aínda tiveron tempo Lidia e Ro de colocar un cómodo 5-0 no electrónico antes do descanso.


A segunda parte iniciouse cun novo gol de Ro (6-0) e xa non se volvería mover o marcador, en parte polo bo facer defensivo do Rubí, aínda que tamén influíu a falta de acerto final das locais.


Unha vitoria incontestable que prolonga a etapa positiva do Burela FSF Pescados Rubén á espera da visita a Alacante na vindeira xornada.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.