26/01/2012

A burelista Lucía, intervida exitosamente do xeonllo dereito

A burelista Lucía, intervida exitosamente do xeonllo dereito

A ala-peche do CD Burela FS Pescados Rubén Lucía Nespereira foi operada con éxito onte no Policlínico Lucense SA, na cidade amurallada, do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito, que rompeu durante o Nadal.


A intervención estivo dirixida pola traumatóloga Luísa Ibáñez e transcorreu sen ningún tipo de problema, durante unha hora e media. Lucía, acompañada en Lugo polo técnico, Javier Pardeiro, e parte do vestiario laranxa, podería ser dada de alta o venres. A burelista está moi animada e desexando comezar coa recuperación. “Todo saíu moi ben; tiña moitas ganas de pasar pola operación para pensar xa na rehabilitación e no meu regreso” dixo Lucía, que tamén agradeceu “o trato e atencións do equipo médico, polo que non estiven nerviosa”.


A ourensá quixo afrontar o transo cunha camiseta moi especial como talismán, unha peza que luciron para darlle ánimos tanto o seu equipo, a comezos de mes fronte ao Diamante, coma o Pescados Rubén masculino, o venres pasado ante o Andorra, en Vista Alegre.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.