30/01/2012

Guntín 4-1 Panificadora del Eo

Guntín 4-1 Panificadora del Eo

Pobre espectáculo presenciaron os escasos espectadores a pasada fin de semana no municipal de Guntín polos dous equipos lugueses en Autonómica, que finalizou cos tres puntos para o anfitrión (4-1).


O Panificadora del Eo-Ribadeo FS adiantouse no marcador aos 4 minutos por mediación de Nuria de tiro raso e cruzado en xogada individual. Tres minutos máis tarde Laura conseguiu igualar para o Guntín de tiro afastado desde a banda dereita. Posteriormente, a falta de 6 minutos para o descanso, Paula aproveitou un rexeitamento de Antía para bater de novo a portería visitante e pór o 2-1. Aínda non transcorreran dous minutos, nun lanzamento de 10 metros co que fora sancionada unha acción defensiva de Ana na área local, Noelia bateu de novo a Antía, con 3-1 ao descanso.


Anteriormente o Panificadora gozara de numerosas ocasións de gol, Ana en dúas ocasións, Marta e Elvira, soas ante a porteira Jessica, e diversos disparos de Nuria non foron capaces de perforar a portería local.


Na continuación o Panificadora saíu a darlle a volta ao partido, pero unha desafortunada xogada aos dous minutos de iniciarse a segunda metade tirou polo chan as ilusións das ribadenses. Un lanzamento sen perigo aparente da local Mª José rozou en Elena e desviou a traxectoria do balón enganando a Antía; era o 4-1, resultado que sería inamovible aínda que o Panificadora o seguiu intentando noutras claras ocasións de Arancha, Sabela e Tania Penabad á madeira.


O filial do Cidade das Burgas, sexto (25 puntos), será o rival do Panificadora en Ribadeo o vindeiro sábado (18.00 horas).


Provincial feminina. O duelo entre o segundo e terceiro, FSF Lucense e Xoula-Ribadeo, finalizou con 2-1 para as mariñás. As ribadenses rapidamente se fixeron co partido e puxeron diferenzas no marcador; primeiro Elvira en xogada individual e pouco despois Eva, a pase de Elvira, foron as encargadas de subir o 2-0. Todo parecía que o partido acabaría nunha goleada a favor das locais polo bo xogo desenvolto, pero as visitantes non viñeron abaixo e conseguiron acurtar distancias por mediación de Diana nun descoido da defensa local. Na segunda metade as mariñás seguían apertando a saída de balón das lucenses e gozaban de claras ocasións para aumentar a diferenza que non chegaron a materializarse. Ademais de Elvira e Eva, autoras dos goles, tamén xogaron Elena, Iria, Antía, Ana, Sabela, Yoli, Carla Bolaños e Carmen.


Con este resultado o Xoula mantén a terceira posición a un punto do FSF Lucense. A vindeira fin de semana visitará o Outeiro de Rei.


Provincial masculina. O Ribadeo métese de novo na zona media da táboa ao derrotar por 3-1 ao Navia de Suarna o pasado sábado no municipal ribadense. A próxima xornada desprazarase a Samos.


 


Ficha técnica


Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Antía, Toñi, Sabela, Elena e Nuria (1), cinco inicial; tamén xogaron Eva, Ana, Marta, Elvira, Arancha e Tania Penabad.


Concello de Guntín FSF: Jessica, Paula (1), Noelia (1), Laura (1) e Patricia, cinco inicial; tamén xogaron Mª José (1), Carmen e Nerea.


Árbitros: Ismael Gómez Vila e Nerea Darriba Rodríguez, da delegación de Lugo. Mostraron cartón amarelo a Carmen polas locais.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.