03/02/2012

O líder agarda as pupilas de Pardeiro en Móstoles

O líder agarda as pupilas de Pardeiro en Móstoles

O Burela FS Pescados Rubén abrirá mañá a segunda volta da Primeira División cunha durísima proba para conservar a sétima praza (26 puntos). O líder agarda as pupilas de Javier Pardeiro en Móstoles (36 puntos); a décimo sexta xornada dará comezo ás 18.30 horas, no pavillón Villafontana.


O conxunto mostoleño, que accedeu a semana pasada ao cumio da táboa  compartido co Atlético de Madrid Navalcarnero, preséntase implacable: Un cadro que desborda internacionalidades, pleno de puntos como local e tan só 9 puntos perdidos a domicilio, características que “infunden respecto, pero non apoucan”, segundo o técnico laranxa.


 “O Móstoles está nun momento moi bo; diso xa deixou constancia no 7-1 co que desbancou o Cajasur Córdoba do liderado a semana pasada. Pero nós tamén estamos nunha boa dinámica” explicou o adestrador burelista, que incidiu na intención de conseguir o triunfo: “Somos conscientes de que deberemos facer un partido case perfecto para sacar algo positivo desa pista”.


Segundo a información facilitada polo Móstoles FSF na súa web, “Andrés Sanz  non puido contar con todas as xogadoras do primeiro cadro no último adestramento; Patri Chamorro segue de baixa, Eva Manguán adestrou baixo a mirada do preparador físico e Inma estivo nas mans do fisoterapeuta”.


En Vista Alegre os tres primeiros puntos da tempada foron paras as madrileñas (0-3).

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.