08/02/2012

Ceuta, próximo destino para o Burela FS (sábado 18)

Ceuta, próximo destino para o Burela FS (sábado 18)

O Burela FS Pescados Rubén non volverá á competición de Segunda División ata o 18 de febreiro, con Ceuta como destino; será no encontro correspondente á vixésima xornada, no complexo deportivo Guillermo Molina Ríos (18.00 horas).


Julio Delgado mantén estes días a dobre sesión diaria, facendo fincapé nos adestramentos físicos polas mañás e a preparación táctica de tardes. Unha das maiores preocupacións para o técnico burelista é a baixa de Brais, que estará en torno a un mes afastado das canchas tras a confirmación dunha rotura de abdutor, con afectación no isquiotibial. Purao tamén se resentiu esta semana dunha fascite plantar, da que está sendo avaliado.


A partir do luns, o desprazamento á pista do UA Ceutí protagonizará o plan de traballo para os laranxas.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.