Actualidade
23/02/2012
Recepción oficial para A Mariña Alevín
Os concellos de Burela e Xove ofreceron unha recepción oficial onte pola tarde para os integrantes do combinado da Mariña Alevín, subcampioa do Autonómico de Seleccións Locais de Base do pasado 5 de febreiro, no Carballiño.
Baixo a batuta de Fran Vázquez e do laranxa Carlos Méndez acudiron aos actos os representantes da ED EON Burela FS Luismi Nieto, Luka Eijo, Alberto Quelle, Alejandro Esquerdeiro, Néstor Valle e Álvaro Suárez, xunto ao resto dos compañeiros na selección.
Galicia Sub-23. A ala laranxa Lidia Mesías volverá acudir hoxe a unha nova convocatoria do combinado irmandiño; o adestramento desta semana está previsto para as 18.45 horas, no pavillón Monte dos Postes de Santiago de Compostela.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas