24/02/2012

As laranxas mídense á potencia goleadora do Cajasur Córdoba

As laranxas mídense á potencia goleadora do Cajasur Córdoba

As laranxas mediranse á potencia e eficiacia goleadora do máximo finalizador de Primeira, Cajasur Córdoba, sen Javier Pardeiro, que deberá cumprir dous partidos de sanción tras a expulsión da semana pasada en Ourense. Vista Alegre acollerá o segundo asalto do Entroido Laranxa, con entrada gratuíta para os afeccionados/as disfrazados, o domingo coa visita do cuarto clasificado (39 puntos), a partir das 12.30 horas.


Na sétima praza (32), esta preséntase como unha cita moi importante para o obxectivo do Burela FS Pescados Rubén de seguir ascendendo na táboa. O conxunto laranxa chega preparado física e mentalmente para marcar o seu estilo e levar o peso do xogo nun partido que brillará pola súa intensidade.


En fronte terá a durísima tarefa de desartellar un conxunto que traballa cunha defensa en zona alta fortísima; a súa primeira liña é asfixiante e conta con moitas posibilidades en ataque, onde destaca o dominio da pivote Dany, pichichi do cadro (20 goles). Ata agora, as andaluzas só foron batidas en tres ocasións: Gironella (1-2), Móstoles (7-1) e Ponte Ourense (0-5); no último encontro fulminou o Majadahonda con 13-3.


Galicia Sub-23. A competición de Primeira terá un breve descanso a vindeira semana debido ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-23 (Vitoria, 29 febreiro-4 marzo), cita na que participará a laranxa Lidia Mesías defendendo a camisola galega, xunto a Ana López, Lucía Álvarez e Iria Saeta, do Cidade das Burgas; Vanessa Sotelo, Ana Rivera e Jessia Diéguez, do Ponte Ourense; Tamara Acuña, do Leis Pontevedra; Lucía Gómez e Patricia Corral, do Viaxes Amarelle; e Erika González e Iria Vieiro, do Valdetires Ferrol.


Próxima xornada. O Burela FS Pescados retomará a liga coa visita do Majadahonda FSF/Afar 4, pechacancelas da categoría, o domingo 11 de marzo, ás 12.30 horas (Vista Alegre).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.