27/02/2012

Lidia pon rumbo a Vitoria coa Galega

Lidia pon rumbo a Vitoria coa Galega

A xogadora do Burela FS Pescados Rubén Lidia Mesías xa ten todo preparado para poñer rumbo mañá ao Campionato de Seleccións Territoriais de Vitoria (29 febreiro-4 marzo) coa Selección Galega Sub-23.


Valencia será o primeiro rival da escuadra irmandiña o mércores, ás 10.00 horas, no pavillón Mendizorroza. O seguinte chanzo será ante Madrid entre o xoves e o venres, dependendo do resultado do primeiro día (12.00 horas). As semifinais e final están previstas para sábado e domingo respectivamente.


Xunto á representante laranxa, compoñen o combinado dirixido por Manuel Castillo Ana López, Lucía Álvarez e Iria Saeta, do Cidade das Burgas; Vanessa Sotelo, Ana Rivera e Jessica Diéguez, do Ponte Ourense; Tamara Acuña, do Leis Pontevedra; Lucía Gómez e Patricia Corral, do Viaxes Amarelle; e Erika González e Iria Vieiro, do Valdetires Ferrol.


Sub-19. Os xuvenís burelistas Aarón Fraga e Andrés Míguez tamén se adestrarán hoxe a última hora da tarde coa selección, no pavillón de Roxos en Santiago de Compostela. O campión de España decidirase en Logroño no mes de marzo, coincidindo coa Copa de España de Fútbol Sala (8-11 de marzo). O combinado irmandiño, que conseguiu o billete na eliminatoria anterior no País Vasco ante o anfitrión, Asturias e Aragón, deberá medirse na gran cita a Madrid e Murcia, no Grupo B; o A estará composto por Andalucía, Melilla e Valencia.


 


CALENDARIO SUB-23


Grupo A
 
1ª xornada - 29/02 (17.30) CASTELA E LEÓN-ANDALUCÍA
2ª xornada - 01/03 (15.30) A RIOXA-Perdedor 1º partido
3ª xornada - 02/03 (15.30) A RIOXA-Gañador 1º partido
 
Grupo B
 
1ª xornada - 29/02 (10.00) GALICIA-VALENCIA
2ª xornada - 01/03 (12.00) MADRID-Perdedor 1º partido
3ª xornada - 02/03 (10.00) MADRID-Gañador 1º partido
 
Grupo C

 
1ª xornada - 29/02 (12.00) CANTABRIA-CALATUÑA
2ª xornada - 01/03 (10.00) ARAGÓN-Perdedor 1º partido
3ª xornada - 02/03 (12.00) ARAGÓN-Gañador 1º partido
 
Grupo D
 
1ª xornada - 29/02 (15.30) CASTELA A MANCHA-MURCIA
2ª xornada - 01/03 (17.30) PAÍS VASCO-Perdedor 1º partido
3ª xornada - 02/03 (17.30) PAÍS VASCO-Gañador 1º partido
 
Semifinais 


1ª SEMIFINAL- 03/03 (10.00)
2ª SEMIFINAL- 03/03 (12.00)



Final


04/03 (12:00)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.