13/03/2012

As benxaminas laranxas estrearon a súa conta goleadora

As benxaminas laranxas estrearon a súa conta goleadora

O preparador do Burela FS, Javier Pardeiro, aproveitou o encontro para darlles minutos ás xogadoras que menos participaran e sobre todo ás dúas benjaminas do grupo, Paula Cortiñas e Silvia Rubal. Ambas foron ata capaces de ver portería e anotaron os seus primeiros goles na máxima categoría.


O técnico felicitou a ambas as xogadoras polo seu comportamento, non só no partido, senón nos adestramentos. “Tanto Paula como Silvia están gañando o protagonismo polo seu traballo nos adestramentos”, sinalou o preparador do cadro burelense, que destaca a capacidade de aprendizaxe que están mostrando ambas. “Son xogadoras moi novas e o seu nivel físico aínda está por debaixo das súas compañeiras, pero aproveitan cada adestramento e cada minuto nos partidos para ir gañando en competitividade. Penso que o tempo que están xogando lles vai vir moi ben para o futuro, porque ambas interpretan ben o xogo”, dixo.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”