13/03/2012

O Burela FS comparte adestramento coa Fundación Eu Son

O Burela FS comparte adestramento coa Fundación Eu Son

O Burela FS Pescados Rubén compartiu o venres pasado adestramento coa Fundación Eu Son, actividade integrada no programa de acción social do club mariñán. Os/As xogadores/as laranxas Cely, Maite, Jozi, André, Purao e Brais gozaron dunha sesión vespertina no pavillón Vista Alegre xunto a diferentes membros do colectivo de discapacitados, con exercicios de quentamento, xogos, partido e intercambio de experiencias.


A entidade laranxa colabora activamente dende hai anos con varias asociacións da bisbarra difundindo a imaxe do fútbol sala como un deporte para todos/as. A comezos de tempada, coincidindo coa presentación 2011-12 dos equipos laranxas da Primeira e Segunda División, o Burela Fs xa habilitou unha Fila 0, coa recadación destinada á Fundación Eu Son e á asociación local Camiña.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”