14/03/2012

A Mariña FS arranca 'Todos polo Fútbol' coa visita de Porta Nova

A Mariña FS arranca 'Todos polo Fútbol' coa visita de Porta Nova

O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da bisbarra, A Mariña FS, arrancou onte a liga de ‘Todos polo Fútbol’ coa visita do AFAES Porta Nova ao pavillón Monte Castelo, nunha cita na que destacaron o compañeirismo e a deportividade.

O encontro, moi disputado, resolveuse con 5-4 a favor da Mariña FS. Polo equipo local marcaron Jesús Javier García Díaz e José Ángel Eiras García e no visitante os goles foron de Vicente Abella, José Barrantes e José Manuel Alvelo.

Integrado no Grupo Norte, A Mariña FS prolongará a competición ligueira ata mediados de xuño xunto a APEM Cambre, APEM A Coruña e O Barco, ademais do AFAES Porta Nova. Á gran final, con sede probable en Santiago de Compostela, tamén accederán Alba, Avelaíña, Lenda, Doa e Lar, do Grupo Sur.

Próximas citas. O conxunto mariñán viaxará o vindeiro luns á pista de APEM A Coruña (16.00 horas). O martes 27 volverá ao Monte Castelo para medirse ao Barco de Valdeorras.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.