01/05/2012

Continúa a escalada do Burela FS, co triunfo sobre as navarras (5-2)

Continúa a escalada do Burela FS, co triunfo sobre as navarras (5-2)

O Burela FS Pescados Rubén, imparable, continúa coa escalada. O triunfo desta mañá sobre o Lacturale Orvina (5-2), en Vista Alegre, outórgalle un par de puntiños como colchón con respecto á cuarta e quinta praza, do Ponte Ourense e Gironella, e dálle pulo cara á cabeza.


As burelás non perderon a cara do encontro en ningún momento. A dianteira tomouna Peque, xa no minuto 8. Como xa esperaban dende as filas laranxas, o Orvina tentou facerse co ritmo do partido con falsa porteira-xogadora, empregando a gardameta, Rebeca, moi adiantada, beneficiándose do seu xogo de pés; no entanto, as pupilas de Javier Pardeiro souberon como reaccionar, cun gol de Claudia dende medio campo, no 14. Así se tocou a chegada do descanso.


No reinicio, aos 2 minutos, a finalización de Sarah sobre a meta de Irene proporcionou certo toque de emoción a unha cita de dominio sen miramentos do Burela FS, que no 26 xa se distanciaba por 4-1, coa marca de Ro e Cely. Pero entre as xogadoras mariñás aínda non acabara o baile goleador; Milena foi quen subiu o quinto chegando ao ecuador do segundo período. A falta de sete minutos para o final, o Orvina foi a por todas cun tradicional xogo de cinco; porén as pamplonesas tan só tiveron fortuna para adornar un pouco o resultado, cun tanto de Andrea no 37.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.